O porto de Morás converteuse no escenario do videoclip de Boyanka Kostova

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O dúo santiagués Boyanka Kostova, pioneiro do trap galego, vén de estrear o vídeo Muinheira do Interior, que acompaña o lanzamento do seu novo disco Os dous de Sempre.
Alvaro Santos anunciando a súa candidatura á agrupación socialista de Friol
9 Jun 2020

O dúo santiagués Boyanka Kostova, pioneiro do trap galego, vén de estrear o vídeo Muinheira do Interior, que acompaña o lanzamento do seu novo disco Os dous de Sempre.

O videoclip, rodado no mes de marzo antes da pandemia da covid-19, foi dirixido polo realizador Xaime Miranda, quen contou cos mariñans Iago Vilarinho, como director de fotografía, e con Claudia Muiño, Sabela Blanco, Lucía Ramiro e Nuno Pico na produción.

A rodaxe deste novo traballo de Xaime Miranda, que xa está disponible en Youtube, levouse a cabo no porto de Morás (Xove) e no CENIMA (Foz), nuns escenarios nos que destaca o contraste entre as arquitecturas e o colorido dos traxes, ao tempo que mestura a tradición (gaitas, baile, traxes) con elementos e paisaxes distópicas.

Na realización desta peza audiovisual o director contou coa colaboración, como extras e corpo de baile, de grupos folclóricos e culturais da zona: Grupo Folclórico Mistura (San Cibrao), A.C. Airiños do Xunco (Cervo), Agrupación Folclórica O Feitizo (Foz), A.C Saiñas (Xove) e co apoio loxístico do Concello de Xove.

Para desfrutar do video pinchar nesta ligazón


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17453408241272