Milleiros de personas maniféstanse desde a praia da Rapadoira

TerraChaXa | LugoXa
[video width="640" height="352" mp4="https://xn--amariaxa-h3a.
portada_CARTEL ENTROIDO 2018 (2)
14 Jun 2020

[video width="640" height="352" mp4="https://xn--amariaxa-h3a.com/wp-content/uploads/2020/06/WhatsApp-Video-2020-06-14-at-11.46.56.mp4"][/video]

Foz está a acoller dende ás 11 horas unha concentración convocada polo comité de empresa de Alcoa e a plataforma das auxiliares en defensa dos empregos.

Así, milleiros de personas maniféstanse desde a praia da Rapadoira ata o porto para pedirlle as administracións que tomen partido e defendan o emprego desta comarca.

Quedan días para que remate o proceso informal de consultas que deu Alcoa, e parece que a multinacional estadounidense vai continuar co despedimento de 534 traballadores.

Continuarán as protestas e mobilizacións nestes días para tentar salvar a factoría e aos seus traballadores.

Á protesta acudiron varios representantes políticos, como o candidato á presidencia da Xunta de Galicia en Común- Anova-Mareas, Antón Gómez Reino, e o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, xunto coa presidenta do PP da provincia de Lugo, Elena Candia. Todos eles amosaron o seu apoio e respaldo aos traballadores de Alcoa e a todos os veciños da Mariña lucense en xeral.

Os manifestantes corearon "Aluminio, solución“; “Madrid, escoita, A Mariña está en loita“; “Fóra yankees, ‘pandilla’ de mangantes“; ou  “Ministra Maroto, non nos vendas a moto“.

[video width="360" height="640" mp4="https://xn--amariaxa-h3a.com/wp-content/uploads/2020/06/Video-de-Alberto-Burundarena-Maseda.mp4"][/video]

 

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13482403755188