40 persoas participaron na xornada Btteando por Guitiriz organizada despois do parón do verán

TerraChaXa
A sexta saída do programa organizado polo Concello e o Club Btteiros Cova da Serpe celebrouse o domingo 13 de outubro
btteando-por-guitiriz-ruta-diaz-castro
15 Out 2024

Ata 40 persoas participaron na ruta do Camiño Real por San Salvador o pasado domingo, 13 de outubro, na que foi a sexta saída do programa BTTeando por Guitiriz, organizado polo Concello e o Club Btteiros Cova da Serpe.

Tratouse da primeira proba despois da pausa estival e, unha vez máis, a cita conseguiu reunir a varias decenas de persoas, que puideron gozar dun percorrido de 20 quilómetros pola contorna da capela de Bascuas e polo Camiño Real, na parroquia de San Salvador.

Aínda que á primeira hora a néboa foi protagonista, finalmente o ceo terminou despexándose e os participantes puideron gozar da ruta, que deu comezo ás 10:00 horas na capela de Bascuas, mesmo punto onde concluíu o percorrido.

Ademais da ruta, os participantes tamén puideron escoitar a Don Alfonso Blanco Torrado na capela, quen explicou a historia e os detalles do edificio.

0.19272398948669