400 persoas participaron en Abadín na xuntanza dos maiores
TerraChaXa
Un total de 400 persoas participaron esta fin de semana na I Xuntanza de Maiores celebrada en Abadín, que tivo lugar no pavillón con diferentes actividades.
21 Ago 2023
Un total de 400 persoas participaron esta fin de semana na I Xuntanza de Maiores celebrada en Abadín, que tivo lugar no pavillón con diferentes actividades.
Así mesmo, recoñeceuse aos maiores que participaron nesta sesión. Trátase de Justa Díaz Saavedra, da parroquia de Aldixe, e David Francos Castro, da parroquia da Graña.
É esta a primeira celebración dedicada exclusivamente aos maiores deste tipo que se celebra na localidade, onde teñen un centro de día con moita actividade.