400 persoas sumáronse ás carreiras solidarias de Xanela
TerraChaXa
Na absoluta venceron Antonio Teijido en homes e Carla Irles en mulleres
1 Out 2024
Preto de 400 persoas participaron este domingo nas carreiras e na andaina que tivo lugar nas Pontes organizada por Xanela con carácter solidario.
Na carreira absoluta resultou vencedor Antonio Teijido (Ría de Foz), cun tempo de 16:07, sendo segundo e tamén o primeiro pontés Manuel Campello (Narón), que entrou no 16:44, e terceiro José Ángel López (Egovarros Viveiro), cun 17:37 de marca.
A primeira muller en entrar na meta foi Carla Irles (A Coruña), cun tempo de 20:39; segunda foi Rebeca Soto (Narón), con 21:26, e terceira Fina Blanco (21 Leguas) que parou o crono en 21:55. A primeira pontesa foi a cuarta da xeral, Isa Díaz (Trieume), que fixo un 23:14.