46 equipos alevíns e benxamíns participaron en Vilalba no segundo torneo Tecnorenova

TerraChaXa
O Concello de Vilalba acolleu esta fin de seman ao II Torneo Tecnorenova CUP para as categorías alevín e benxamín.
torneo tenorenova cup vilalba
12 Xuño 2023

Vilalba acolleu esta fin de semana a segunda edición do Torneo Tecnorenova CUP para as categorías alevín e benxamín coa participación de 46 equipos, 23 alevíns e outros tantos benxamíns

A primeira xornada será para os alevíns, na que o premio grande for para o Calasanz, que venceu na final do torneo ao Residencia tendo que ir aos penaltis logo dun empate a dous goles no derradeiro partido.

O domingo os benxamíns tomaron os campos do estadio da Madalena tamén durante toda a xornada con partidos primeiro cos equipos distribuídos en cinco grupos e logo na fase eliminatoria.

Nesta ocasión o trofeo final foi para o Victoria, que venceu ao Noia por 4-2. A representación da provincia quedou en cuartos, cando o Sagrado Corazón perdeu co Lalín por 0-3.

Ademais de numerosos equipos da provincia, participon tamén doutras partes de  Galicia.

0.18421697616577