50 persoas participaron en Outeiro de Rei na observación das bágoas de San Lorenzo

LugoXa | TerraChaXa
A actividade, organizada por Grupo de Desenvolvemento Rural da Comarca e Lugo, en colaboración co Concello de Outeiro de Rei, deu comezo ás 21:00 horas en Casas da Fortaleza
actividade-nocturna-outeiro-bagoas-de-san-lorenzo
4 Aug 2025

Máis de 50 persoas realizaron unha observación nocturna dende o miradoiro de Paraños, en Outeiro de Rei, para poder contemplar as bágoas de San Lorenzo.

A actividade, organizada por Grupo de Desenvolvemento Rural da Comarca e Lugo, en colaboración co Concello de Outeiro de Rei, deu comezo ás 21:00 horas en Casas da Fortaleza coa charla Desde el mirador de Paraños hasta el infinito, realizada pola profesora Ana María Pérez Veiga.

A continuación do mencionado relatorio, tivo lugar unha degustación de produtos locais ofrecida polo Concello de Outeiro de Rei no acolledor salón de eventos de Casas da Fortaleza. Dende ahí o público asistente dirixiuse a Pena de Rodas para iniciar o ascenso ao miradoiro de Paraños.

Unha vez alí, os participantes contaron coas explicacións de José María Fernández Corrás, quen proporcionou información do fenómeno das perseidas, así como diversa explicación sobre as constelacións visibles e outros corpos celestes.

Os participantes manifestaron o seu entusiasmo pola actividade así como o seu desexo de acudir a novas observacións que se realicen.

Tanto o GDR Comarca de Lugo, como José Pardo Lombao, alcalde do Concello de Outeiro de Rei, indican a súa intencionalidade de que a observación se repita cada ano, pasando a ser un referente do turismo nocturno dentro da provincia de Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.16490697860718