5,1 millóns de euros para o Servizo de Axuda no Fogar da provincia
Destinaronse este ano 15,1 millóns de euros a sufragar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para persoas en situación de dependencia da provincia de Lugo. O balance deste recurso, que atende a preto de 4.000 usuarios na provincia de Lugo, case triplica a cifra que se rexistraba no ano 2009.
Isto foi posible, grazas a un incremento dos recursos económicos destinados a este fin (138 millóns de euros máis que hai 10 anos para o conxunto de Galicia) e a melloras na xestión como a posta en marcha do módulo extranet aos concellos e do Programa de Asignación de Recursos.
Só no último trienio –entre 2015 e 2018- os orzamentos autonómicos desta área aumentaron nun 19,4%, o que permitiu sumar progresivamente horas de atención que se distribúen entre novos usuarios. Por citar os casos máis recentes, aumentáronse as horas dispoñibles na provincia de Lugo nun 7,5% en setembro de 2018, e en maio do 2017 nun 12,5%.
Actualmente a Consellería sufraga na provincia preto de 2 millón de horas de prestación anuais (1.929.807). Paralelamente, financianse outros servizos, como o de teleasistencia, residencias e centros de día ou, o máis recente Bono Autonomía en Residencia, que consiste nunha axuda directa a aquelas persoas que teñan recoñecido un grao de dependencia e estean á espera de acceder a unha praza nunha residencia pública.