55 persoas participaron no descenso e limpeza de canóns en Muras

TerraChaXa
O Concello de Muras acolleu a edición número XXVIII do Campamento Galego de descenso de canóns a fin de semana do 12 e o 13 de maio.
32501222_2108782806025655_3087736041604382720_n
20 May 2018

O Concello de Muras acolleu a edición número XXVIII do Campamento Galego de descenso de canóns a fin de semana do 12 e o 13 de maio.

Xunto con outros organismos, o Concello de Muras colaborou coa Federación galega de Espeleoloxía na edición desta cita, que se desenvolveu na contorna do rego de Silán.

Para esta celebración colocouse na praza do Viveiró unha carpa para a recepción dos inscritos equipada cuns canóns de calor. Ademais, os participantes xa viñan equipados co material persoal completo de barrancos: traxe de neopreno, casco, calzado, material de progresión vertical e mínimo unha corda de 40 m. A pernocta fíxose na antiga escola de Viveiró, que conta con duchas de auga quente.

Foi unha moi boa xornada onde os 55 participantes axudaron nas tarefas de limpeza no río, un laborioso traballo con cordas para dar sacado vellos electrodomésticos do río, rodas, conxeladores e basura en xeneral. O que non axudou foi o tempo, xa que estivo chovendo, granizou e fixo bastante frío durante toda a xornada.

O Espeleoclub Rei Cintolo de Mondoñedo foi o encargado da organización este ano, e decidiron facelo en Muras xa que é unha zona próxima a Mondoñedo e porque conta con barrancos moi interesantes para estas actividades. Ademais de que fixeron dúas novas aperturas de canóns. Tamén aproveitaron a situación xeográfica de Muras, e destacan que se amañaran mellor os camiños para acceder a 5 barrancos que hai na zona de Xistral Norte, pola zona dos eólicos, sería unha das zonas máis destacadas para descenso de canóns de Galicia.

32602575_2108764639360805_3000301219106258944_n
0.18298101425171