64 operarios e 32 máquinas, preparados para atender incidencias de xeo e neve

TerraChaXa
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou que o Goberno mantén activado o dispositivo de inverno co que facer fronte a calquera incidencia, relacionada coas inclemencias meteorolóxicas, na rede viaria provincial, a máis extensa do Estado con 4.
1
8 Xan 2019

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou que o Goberno mantén activado o dispositivo de inverno co que facer fronte a calquera incidencia, relacionada coas inclemencias meteorolóxicas, na rede viaria provincial, a máis extensa do Estado con 4.200 quilómetros.

Campos Conde explicou que “arestora son 64 operarios e 32 máquinas as que están despregados nos municipios con maior risco de acumulación de neve ou xeo, uns 35, que xa están a realizar labores de prevención para dar resposta ás posibles inclemencias meteorolóxicas que se poidan producir. Para elo, continuarase a estender sal nas vías coas que garantir que non se formen placas de xeo, evitando o uso doutro tipo de fundentes máis agresivos coas estradas e co medio ambiente”.

 

8 zonas de actuación

O dispositivo despregado pola Deputación atópase dividido en 8 zonas da rede viaria provincial. Por cada unha delas hai 8 vehículos -2 máquinas quitaneves con cuña, 2 tractores adaptados con saleiro e cuña, 2 pick up, adaptadas con cuña e saleiro e 2 vehículos de apoio con medios mecánicos- e 14 operarios. Isto significa que, en total, a Deputación ten 64 máquinas e 112 operarios previstos para actuar durante as 24 horas do día en calquera punto da provincia.

Ademais, cada empresa adxudicataria que atende a cada zona terá que dispoñer do dobre de medios, por si fóra preciso utilizalos. A maiores aparte desta maquinaria, o dispositivo tamén conta con varias máquinas do parque móbil como palas mixtas ou camións, que se engaden ao protocolo de actuación se é preciso.

As zonas de actuación son:

Zona Norte

- Zona 1, con 530 quilómetros de vías, nos Concellos do Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Ourol, Muras, Xermade e Vilalba.

- Zona 2, con 618 quilómetros, no Valadouro, Foz, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Ribadeo, Trabada, Mondoñedo, Abadín, Riotorto, A Pastoriza e A Pontenova.

Zona Centro

- Zona 3, con 668 quilómetros, en Meira, Pol, Castro de Rei, Cospeito, Outeiro de Rei, Rábade, Lugo, Castroverde, Baleira, O Corgo, Láncara e Baralla.

- Zona 4, con 680 quilómetros, en Guitiriz, Begonte, Friol, Guntín, Palas de Rei, Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín, O Páramo, Sarria e Paradela.

Zona Oeste-Sur (A Montaña)

- Zona 5, con 332 quilómetros, en Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.

- Zona 6, con 334 quilómetros, en Becerreá, Cervantes, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro.

- Zona 7, con 313 quilómetros, en Triacastela, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas do Sil.

 

Zona Sur

- Zona 8, con 738 quilómetros, en Bóveda, Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Sober, Pantón, O Saviñao, Taboada, Chantada e Carballedo.

0.20083999633789