68.000 euros de axudas para os autónomos e microempresas de Xove
O Concello de Xove vén de informar que xa destinaron 67.875 euros a un total de 49 solicitudes para o apoio e axuda da economía do municipio trala pandemia, e que xa lle foi ingresada aos solicitantes.
Estas axudas, están destinadas a apoiar aos traballadores autónomos e microempresas para facer fronte aos efectos orixinados polo estado de alarma con motivo da covid-19.
Así, establecéronse dous tipos, unha para establecementos obrigados ao peche e outra para os que sen estaren obrigados a pechar xustificasen unha reducción igual ou superior ao 40% dos seus ingresos en relación ao semestre anterior.
Inicialmente preveuse destinar 100.000 euros a estas axudas, que serían ampliadas se fose necesario, malia, despois, estas axudas cuxa solicitude estivo aberta ata o 1 de setembro, supuxeron unha cantidade de 67.875 euros.
Segundo o alcalde, Demetrio Salgueiro, "trátase dun esforzo importante do Concello por axudar a manter a súa estrutura económica, en especial aos traballadores autónomos e microempresas, duramente golpeados pola crise da covid-19 e os seus demoledores efectos".
"Lóxicamente, isto compleméntase coa axuda que o Concello mantén aos traballadores de Alcoa e da continuidade da producción da mesma na nosa comarca. A defensa dos postos de traballo é un obxectivo fundamental e irrenunciable para o Concello", rematou dicindo Salgueiro.