A 41º edición da Festa da Troita da Pontenova continúa unindo deporte e gastronomía

TerraChaXa | AMariñaXa
O Presidente da Deputación, Darío Campos xunto ao Tenente de Alcalde, Francisco Martínez Bermúdez, e o Presidente do Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), Francisco Javier Rois Freijo, presentaron a XLI edición da Festa da Troita da Pontenova que terá lugar os días 30 de abril e 1 de maio.
DSCF6552
27 Abr 2019

O Presidente da Deputación, Darío Campos xunto ao Tenente de Alcalde, Francisco Martínez Bermúdez, e o Presidente do Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), Francisco Javier Rois Freijo, presentaron a XLI edición da Festa da Troita da Pontenova que terá lugar os días 30 de abril e 1 de maio. Este evento está declarado como Festa de Interese Turístico Galego e tamén de Interese Turístico Deportivo Nacional. O Goberno da Deputación vén apoiando nos últimos anos a organización deste evento, que este ano recibiu unha achega de 5.000 €.

Darío Campos destacou que “esta celebración da Pontenova é a segunda festa da troita máis antiga de Galicia. Xa conta con máis de 40 anos de tradición e consolidouse coma un importante revulsivo económico para o Concello da Pontenova e para a contorna da Mariña o cal redunde positivamente na provincia”.

130 pescadores participarán neste evento deportivo de repercusión nacional ao que acoden pescadores de Galicia, Asturias e outras comunidades. A Festa da Troita  converteuse ademais nunha das máis importantes citas gastronómicas da provincia.  Este ano, agárdase que se acheguen máis de 10.000 persoas a esta festa que contará con degustacións de troita, actuacións de bandas de música, verbenas, sesións vermú… A ocupación hoteleira é do 100%.

Programa

O martes 30 de abril ás 20:00 horas entregaranse os recoñecementos ”Troitas de Ouro” a personalidades e entidades relevantes do mundo da pesca; ás 21:00 horas a actriz e presentadora Isabel Blanco lerá o pregón. A continuación abriranse as casetas de degustación dos troitas.

O mércores 1 de maio, ás 9:00 horas darán comezo os concursos de pesca (lance, salmón e mosca) e a “I Ruta de Sendeirismo Festa da Troita Vía Verde”. Ás 18:00 horas entregaranse os trofeos aos gañadores dos concursos.

Ruta sendeirismo

Como novidade na edición de este ano, o Centro de Iniciativas Turísticas da Pontenova organiza a “I Ruta Festa da Troita Vía Verde”. É unha ruta gratuíta de 12,5 km ao carón do río Eo que terá lugar o 1 de maio. Discorrerá pola antiga vía do tren que vai desde Pontenova a Ribadeo e por 6 túneles de pedra. A ruta, de catro horas de duración, é de baixa dificultade e apta para todos os públicos. Nela os participantes poderán observar en directo aos pescadores participando no concurso e ver os lances de ata 8 campións do mundo da pesca. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo na oficina de turismo de A Pontenova e no email turismo@concellodapontenova.org

Premios Troita do Ouro

Nesta edición recibirán as distincións ‘Troitas de Ouro’ o campión de pesca do mundo a mosca, David García Ferreras; a Fundación NORTH ATLANTIC SALMON NASF; o proxecto Arcas de Mesas do Narcea; Leonardo de la Fuente de Radio Marca e Manuel Gómez da tenda de pesca en Chantada ‘Armería Mago’.

0.17211890220642