A acampada do FIV trasládase ao aparadoiro subterráneo
Debido ás condicións climáticas que se esperan para os vindeiros días, o Concello de Vilalba tomou a decisión de trasladar a zona de acampada do FIV de Vilalba ao aparcamento subterráneo da Praza da Constitución (Praza do Concello), que ten unha capacidade limitada.
Este cambio non implica modificacións nos horarios que seguirán sendo de apertura o venres 22 de abril ás 12.00 horas e de peche o domingo 24, ás 16.00 horas.
Durante a mañá do venres e do sábado haberá probas de son na Praza da Constitución.
Durante o día de hoxe, ás persoas que fixeron a reserva da zona de acampada recibirán un correo co plano de acceso á nova zona, así como toda a información de uso da mesma.
O Concello lembra a necesidade de revisar a normativa da acampada e se hai máis dúbidas, pódese escribri a camping@fivdevilalba.com