A ACD As Minas da Pontenova colabora co comercio local

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Este ano desde a Asociación Cultural e Deportiva As Minas da Pontenova e con vistas a celebrar, sempre que as condicións e as autoridades o permitan, o XIV Festival das Minas o vindeiro día 112 de decembro queren colaborar cos negocios locais.
2
28 Ago 2020

Este ano desde a Asociación Cultural e Deportiva As Minas da Pontenova e con vistas a celebrar, sempre que as condicións e as autoridades o permitan, o XIV Festival das Minas o vindeiro día 112 de decembro queren colaborar cos negocios locais.

Para iso, donarán de forma totalmente gratuita aos locais de hostalería do Concello que así o soliciten, a xestión da cea e o bar do día do festival.

A maiores tamén se colaborará co resto de comercios con dúas iniciativas. Por un lado donando 30 camisetas para que vendan a 10 euros cada unha, o que lles supón un beneficio íntegro de 300 euros, e por outro lado tamén puxeron á venta a Lotería de Nadal tendo cada décimo un donativo de 3 euros que tamén será íntegro para o comercio onde se compre.

"Desta forma queremos invertir as axudas públicas do festival deste ano, no apoio do comercio da nosa vila", din dende a asociación, "esperemos que sexa unha medida do agrado de todos e animamos a todo o mundo a colaborar con ela".

As camisetas pódense mercar en librería Eugenia, mercería O Vispo, Orly, Daponte, clínica Son Saúde, A Tenda de Manolo, bar Puente, Dekor-Eo, librería Azu e Teresa Roupa para todos.

A lotería estará á venda en librería Eugenia, bar Puente, cafetería Casa da Cultura, restaurante San Briz e clínica Son Saúde, ademais de solicitala a calquer membro da asociación.

0.16713881492615