A Acea de Meira organiza para o sábado unha escape room
TerraChaXa
A ACEA de Meira orgarniza para o sábado 14 unha escape room baixo o nome A procura das reliquias do Císter.
12 Ago 2021
A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos de Meira, ACEA, organiza para o sábado 14 unha escape room baixo o nome A procura das reliquias do Císter.
Esta actividade dará comezo ás 17.30 horas na praza do Concello, a inscrición farase no momento de comezar a proba así como a entrega das pistas aos participantes.
Pódese participar de xeito individual ou en grupos de ata 4 persoas e debido á dificultade dalgunha proba, é recomendable para maiores de 16 anos ou menores acompañados.
Dende ACEA informan que todo o percorrido pódese facer andando e que hbeá que levar teléfono móbil con conexión a internet para ir cubrindo as diferentes etapas da proba e recopilando aspistas.
Haberá un premio en metálico para o gañador de 200 euros.