A Acia de Foz organiza hoxe unha charla sobre hábitos saudables

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
15 Out 2019

Hoxe 15 de outubro terá lugar na Casa da Cultura de Foz unha xornada sobre hábitos saudables no comercio de proximidade e será ás 20.30 horas. Está organizada pola Federación Galega de Comercio, que conta coa colaboración do Centro Comercial Aberto e co financiamento da Xunta de Galicia. 

Nesta cita preténdese sensibilizar en materia preventiva a empresarios e traballadores, reforzando as medidas xa establecidas por lei, achegando información sobre os riscos específicos do sector, sobre os derivados do uso das novas tecnoloxías e fomentando os hábitos saudables. 

A asistencia á xornada é gratuíta. É necesario inscribirse antes do día 10 chamando ao teléfono 982 132 751 ou no correo electrónico aciafoz@gmail.com.  Os asistentes, si o desexan, recibirán un certificado de realización do curso.

0.07751202583313