A ACR Nausti organiza clases de ioga e unha viaxe pola Mariña interior
A Asociación Cultural e Recreativa Nausti celebrará clases de ioaga todos os venres de 20.15 a 21.15 horas na Casa Escola de Noche.
Esta actividade será realizada pola monitora Elif e terá un prezo de dez euros para socios e de 15 para os non socios. O prazo de inscrición remata o 15 de outubro e as prazas están limitadas a 12 persoas por clase.
Para anotarse haberá que poñerse en contacto con membros da asociación, Veva (625 521 113), Mari Carmen (649 179 291) e Pilita (687 333 614).
Ademais, a asociación organiza tamén unha excursión a Mondoñedo, A Pontenova e Tarmundi que se celebrará o día 12 de outubro. As inscrición están abertas ata hoxe, sábado 8 e terá un prezo de 25 euros que inclúe transporte, xantar e seguro de viaxe.
A excursión está programada para as 9.00 horas dende o restaurante A Nova Ruta. Comezarán pola mañá coa visita a Mondoñedo e o barrio dos Muíños para seguir pola Pontenova. Comerán no Lar de Balbina e pola tarde visitarán Taramundi. As inscricións realizaranse con Veva e Mari Carmen.