A adiada Feira do Mel de Montaña terá lugar os días 9 e 10 de decembro

TerraChaXa
A Feira do Mel de Montaña de Muras, que non puido celebrarse na súa data orixinal, a fin de semana do 18 e 19 de novembro,  debido a que o Concello ten que adiala xa que non remataran as obras na praza do Viveiró en tempo debido ás inclemencias meteorolóxicas, ten nova data.
feira do mel de muras4
30 Nov 2023

A Feira do Mel de Montaña de Muras, que non puido celebrarse na súa data orixinal, a fin de semana do 18 e 19 de novembro,  debido a que o Concello ten que adiala xa que non remataran as obras na praza do Viveiró en tempo debido ás inclemencias meteorolóxicas, ten nova data.

Así esta terá lugar a fin de semana do 9 e 10 de decembro mantendo o mesmo programa.

A que será a VIII edición da feira e a VII da cata terá actividades para todos os públicos e tamén o tradicional concurso.

Así, o sábado dará comezo o programa precisamente co concurso da calidade do mel, ás 17.30 horas, no colexio do Viveiró coa participación de empresas apícolas de Muras.

Seguirá o relatorio do apicultor Miguel Vélz co título Invernada das abellas, a partir das 20.00 horas. Nunha carpa no colexio está prevista unha degustación de liscos a partir das 21.30 horas, animada polo dúo Pedriñas.

O domingo será a vez da feira, que se iniciará ás 10.00 horas coa apertura de postos. Como outros anos, non só haberá produtores de mel, tamén se sumarán outros produtos de tempada.

Haberá un obradoiro de cera a cargo da asociación Casa do Mel de Goente pola mañá e outro, pola tarde, para os máis pequenos, sobre cociña, que estará a cargo de Espacio Vivo. Non faltará un showcooking con Lucía Freitas, que conta cunha estrela Michelín. Será ao mediodía, antes do xantar.

A celebración rematará coa entrega de premios do concurso da cata do mel, ás 19.00 horas, pero durante todo o día haberá pasarrúas e música en directo con De Cómbaro e Alxibeira.

programa feira do mel muras
0.19290995597839