A AECC de Guitiriz retoman as actividades cunha visita a Segovia

TerraChaXa
A Xunta Local da AECC de Guitiriz ven de realizar unha viaxe por terras segovianas. Con ela retomou a actividade despois do parón.
visita segovia aecc guitiriz2
14 Jul 2022

A Xunta Local da AECC de Guitiriz ven de realizar unha viaxe por terras segovianas. Con ela retomou a actividade despois do parón obrigado pola pandemia.

Un grupo de 27 persoas participou nunha viaxe cultural a Segovia e provincia durante a semana do 4 ao 9 do mes en curso. Durante a mesma disfrutaron da fermosa terra castelá e compartiron bos momentos.

A primeira parada foi na medieval Urueña, 1ª Vila do Libro de España, incluída na rede de Vilas do Libro do Mundo dende o ano 2008; Conxunto Histórico Artístico dende 1.975 e ademais dende o ano 2014 tamén forma parte da Asociación de Pobos máis bonitos de España. Conserva case completa a muralla medieval, conta con 11 librerías e varios museos importantes. O grupo visitou o espazo cultural Miguel Delibes, tamén coñecido con Centro E-Lea, onde desfrutaron dunha exposición.

Na capital segoviana acompañados dun guía oficial aprenderon numerosos datos da cidade e os seus monumentos con mención especial ó acueducto, a catedral e ó alcázar. Disfrutaron do animado ambiente desta cidade Patrimonio de Humanidade onde se concentra un numeroso grupo de turistas tanto nacionais como internacionais.

Fóra da capital estiveron en Sepúlveda e disfrutaron das impresionentes Foces do río Duratón, en Pedraza, ademais de coñecer a afamada vila, probaron o cochinillo. Tamén tiveron a oportunidade de coñecer a vila de Maderuela cunha visita teatralizada que resultou divertida e didáctica. Sorprenderonse coa espectacular Cueva de los Enebralejos; aprenderon historia e viron arte no Pazo da Granxa de San Ildefonso; comprobaron o soplado do vidro e a historia da Real Fábrica de Cristais e, por último, asaltaron o impresionante castelo mudexar da vila de Coca.

Como agasallo especial, atóparonse cun festival floclórico no que participaban grupos de Colombia, Guinea, A Estrada e Segovia, todo un disfrute á beira do imponente acueducto á tardiña do venres 8.

Esta é a 5ª viaxe que realiza este colectivo. Todas teñen como destino unha cidade Patrimonio da Humanidade e xa estiveron en Granada, Teruel, Toledo, Cáceres e agora Segovia.

Se as circunstancias o permiten o vindeiro ano irán a Córdoba e Sevilla.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17419195175171