A AECC inaugurou en Guitiriz o local doado por Xosé Luís Campo Ansede
TerraChaXa
Este está situado na avenida de Lugo, nº 9
6 Dec 2024
A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na súa sede de Guitiriz inaugurou esta semana o local que foi legado por Xosé Luís Campo Ansede e que está situado en avenida de Lugo, nº 9. Este acto serviu tamén para lembrar e recoñecer "a xenerosidade e o espírito altruísta" desta figura destacada de Guitiriz.
O evento contou coa presenza de familiares do finado, representantes da AECC de Lugo, do Concello de Guitiriz, así como de entidades como Xermolos, Cáritas e a asociación de fútbol local, xunto cos membros da Xunta Local de Guitiriz.
Os participantes recoñeceron o labor realizado por Xosé Luís Campo Ansede, "unha persoa cuxo compromiso coa comunidade deixou unha pegada imborrable e que é un exemplo".