A AGCT constrúe caixas niño para morcegos na Casa das Ínsuas
TerraChaXa
O próximo sábado 21 de outubro o CEN da Casa das Ínsuas de Rábade acolle a xornada de caixas niño para aves e refuxio para morcegos.
17 Out 2017
O próximo sábado 21 de outubro o CEN da Casa das Ínsuas de Rábade acolle a xornada de caixas niño para aves e refuxio para morcegos.
A xornada, que se realizará de dez da mañá a dúas do mediodía, pretende achegar aos participantes os diferentes modos de realización de caixas niño para aves e refuxios para morcegos, así como a construción práctica dunha serie de “vivendas” dun modo sinxelo para tódolos públicos.
As persoas interesadas poden inscribirse a través do portal www.custodiadoterritorio.org/actividades.