A agrupación Francisco Lanza prepara as Xornadas de Historia Local ribadense

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A agrupación cultural Francisco Lanza de Ribadeo acollerá o 21 e o 23 de agosto a nova edición das Xornadas de Historia Local.
foto Deimi actividades nadal
17 Ago 2020

A agrupación cultural Francisco Lanza de Ribadeo acollerá o 21 e o 23 de agosto a nova edición das Xornadas de Historia Local.

Este ano está adicado á toponimia, e comezará o día 21 ás 20.30 no auditorio de Cabanela coa charla da profesora Rocío Dourado Fernández falando de O que ten nome existe: toponimia do Concello de Ribadeo.

O día 23 será a actividade Talasonimia da Ría de Ribadeo, que inclúe un paseo en barco cos estudosos Antonio Vidueira, Víctor Días e Ángel Prieto. A saída será dende o muelle de Porcillán.

Para participar nestas xornadas haberá que reservar praza por whatsapp ao número 649 631 903.

0.16501188278198