A alcaldesa de Barreiros convida á Conselleira a que coñeza as depuradoras

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A alcaldesa de Barreiros lamenta que a conselleira de medio ambiente do goberno da Xunta non aproveitara a visita oficial que realizou para convocar ao goberno municipal elixido maioritariamente polas veciñas e veciños de Barreiros e tratar algunhas das cuestións que xa se lle teñen trasladado, como a problemática da depuración das augas residuais ou a existencia real dun convenio para a urbanización de rúas en San Miguel e San Cosme que foi anunciado hai xusto un ano por esta mesma conselleira e do que o goberno actual non tivo noticia.
23 Feb 2020

Ana Ermida lembra que a finais de febreiro do ano pasado, en plena precampaña das municipais, Ángeles Vázquez anunciou un convenio para Barreiros que nunca chegou a ser asinado e do que o actual goberno municipal non ten constancia, pese a tratar de informarse do mesmo.

“É unha pena que a conselleira acudira acompañada do portavoz da oposición e non se puxese en contacto co goberno municipal na súa visita oficial, xa que poderían ter tratado cuestións de relevancia nas que a súa consellería ten competencia e que xa lle foron trasladado por carta no seu momento, sen obter resposta, como a problemática das depuradoras de San Miguel e Reinante e os problemas ambientais que xeran na praia de Arealonga”.

0.17099094390869