A alcaldesa de Lourenzá fai chegar as necesidades do Concello ao delegado da Xunta
TerraChaXa | AMariñaXa
A alcaldesa de Lourenzá fai chegar as necesidades do Concello ao delegado da Xunta, sobre o colexio e o campo de fútbol
17 Xan 2021
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, mantivo unha reunión co delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, para facerlle chegar algunhas das necesidades municipais.
Deste xeito, a alcaldesa solicitou a colaboración do Goberno autonómico para a cuberta das escaleiras do Ceip Juan Rey, "unha necesidade real e urxente que precisa o centro".
Así mesmo, tamén falaron do peche actual de ventanais de aluminio que precisa ser sustituído por outro novo que proporcione un mellor illamento ao edificio.
Así mesmo, pediron colaboración para a sustitución do alumeado actual do campo de fútbol de Santa Cruz por outro máis eficiente e que permita un maior aforro enerxético.