A alcaldesa de Trabada solicita da Xunta colaboración para rematar proxectos como os das parcelarias

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
9 sep 2019

A alcaldesa socialista de Trabada, Mayra García, solicitóulle ao Conselleiro de Medio Rural na súa visita a Trabada a colaboración para realizar varios proxectos pendentes e novas iniciativas de dotacións e mellora de infraestructuras e servizos que aumenten a calidade de vida e o benestar das veciñas e veciños de Trabada, como por exemplo rematar algunhas concentracións parcelarias.

Por unha banda, reivindicou a necesidade de levar a cabo as concentracións parcelarias naquelas parroquias nas que a día de hoxe o terreo está sin agrupar, xa que cos procesos de concentración parcelaria consíguese unha ordenación da superficie agraria que ademáis de permitir un uso adaptado ás necesidades agrícolas e forestales de cada zona, aumenta a productividade e o rendemento económico para os propietarios.

Por outra banda, a rexedora, solicitou novamente a cesión en propiedade dun vehículo motobomba, xa que os Concellos necesitan, dixo, contar cuns medios de defensa e extinción de incendios forestais adecuados.

0.15974497795105