A alcaldesa de Vilalba reúnense con diferentes clubs deportivos
TerraChaXa
A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, iniciou contactos e reunións cos diferentes clubs e asociacións para facer un balance da tempada.
15 Xul 2023
A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, tamén responsable da área de Deportes no concello, iniciou contactos e reunións cos diferentes clubes e asociacións do municipio para facer un balance da tempada e planificar os próximos meses.
“O deporte e os hábitos de vida saudables, xa desde a infancia, serán unha prioridade para o goberno local de Vilalba neste mandato, dando continuidade ao traballo feito nos últimos catro anos”, explica Veleiro.
Esta semana, mantivo reunións co Vilalba FS (Fútbol Sala), e cos membros da directiva do Clube Atletismo Vilalba, cos que a alcaldesa concretou os detalles da V Carreira Nocturna de San Ramón (19 de agosto), unha proba que sirve para abrir o calendario das festas patronais.