A alcaldesa sumouse á iniciativa 'Sementa Galego' da biblioteca de Vilalba
A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e a concelleira de Educación, Infancia e Mocidade, Antía Rama, foron algúns dos veciños e veciñas da vila que se sumaron á iniciativa posta en marcha na Biblioteca Municipal co gallo do Día das Letras Galegas que se celebrou onte.
Co lema Sementa Galego e co obxectivo de potenciar o uso do noso idioma ao tempo que se anima á lectura, repartíronse entre todos os usuarios e usuarias, tanto infantís como adultos, unha bolsiña de sementes.
A idea é reflexar que cada libro, cada achegamento á literatura en galego, serve para sementar o seu uso e a defensa do noso idioma.
Dende o Concello e a Biblioteca Municipal búscase promocionar o préstamo de libros en galego e aumentar a rotación deste fondo.
O reparto das bolsiñas de sementes continuarán ata esgotar existencias.