A Anpa A Granda de Muimenta organiza unha serie de actividades para este Nadal
A Anpa A Granda de Muimenta organiza unha serie de actividades para este Nadal. Comezará o día 26 ás 10:30 a 13:00 cun Contacontos sobre a diversidade e un obradoiro de linguaxe de signos, todo isto no Local social Centro Médico.
O día 27, de 11:30 a 13:00 horas, haberá clases de zumba, na Casa do Deporte, xunto ao campo de fútbol de Muimenta. O día 28, de 10:30 a 13:00, Xotramu fará unha serie de xincanas no pavillón Javier López Anllo.
Xa en xaneiro, o día 2, de 10:30 a 13:00 horas, haberá manualidades de Nadal no Local social Centro Médico de Muimenta. O día 3, de 10:30 a 13:00, haberá un Taller de cociña no Local social Centro Médico. O día 4, co mesmo horario, será a quenda do Nadal nas diferentes culturas no Local social Centro Médico. Ademais haberá un xantar ao rematar.
Todas estas actividades son para os socios, os interesados en asistir deberán comunicarllo á Anpa.