A Anpa Amolou fai un percorrido por Mondoñedo a través da figura de Cunqueiro
TerraChaXa | AMariñaXa
1 Mar 2019
O pasado sábado a Anpa Amolou fixo un percorrido por Mondoñedo a través da figura de Álvaro Cunqueiro, saíndo do vello Consistorio e rematando no Cemiterio Vello. A audioguía, realizada polo grupo Chévere, levounos polas rúas coa voz de Rula xunto coas voces de veciños e veciñas que compartiron recordos do autor.
A Anpa agradece a todos os nenos, pais e profes que participaron nesta actividade. Tamén a Xulio Rodriguez que tan ben nos completou a visita con máis información de Cunqueiro, de Leiras Pulpeiro, Noriega Varela e Pascual Veiga . E sen olvidarnos tamén agradecer ao Concello de Mondoñedo que puxo as audioguías a disposición da Anpa.