A Anpa de Baamonde denuncia que non se permita a matriculación no centro

TerraChaXa
A Anpa de Baamonde denuncia que se denega a matrícula no centro e afea á asociación Músico Crisanto por promocionar as súas novas aulas.
manifestacion colexio baamonde
5 Mar 2021

A Anpa do Ceip de Baamonde e a asociación de veciños Montenegro remitiron un escrito a Inspección Educativa de Lugo denunciando que as familias con nenos de tres a cinco anos, correspondente a educación infantil, non puideron presentar a solicitude de admisión neste colexio e din que descoñecen a razón pola que se lles denegou.

Os dous colectivos lembran que no centro se imparte educación infantil e primaria, polo que entende que "se está a vulnerar de forma evidente o dereito das nais e pais a solicitar a admisión neste centro ao non admitir unha solicitude axustada a dereito e rompe así coa súa liberdade de elección de centro".

Dende a entidade reclaman que "de xeito urxente e con prazo suficiente", se solvente esta situación e se poida solicitar praza para calquera dos cursos. Tamén piden, por terceira vez, que o conselleiro se reúna cos representantes da Anpa e da asociación de veciños.

ASOCIACIÓN MÚSICO CRISANTO

Por outra banda, o colectivo mostrou o seu malestar polo nota informativa emitida polo colectivo no que anunciaba o novo emprazamento da escola en Baamonde.

"Parécenos unha falta de respecto a alumnos, profesores e nais e país da comunidade educativa de Baamonde este tipo de novas propagandísticas. Ata o día de hoxe mantivemos, en escritos e entrevistas, a boa labor deste colectivo musical, pero despois desta nova fainos reformular o verdadeiro interese da privatización dun colexio público para fins privados", subliñan.

"O rechamante deste anuncio por parte da asociación Músico Crisanto e que anuncian as instalacións como súas cando dende a propia Consellería de Educación non se produciu ninguna desafectación do centro, recalcan.

Aseguran que algúns dos alumnos e alumnos da escola de música fixéronlles chegar o seu apoio e rexeitamento a esta iniciativa "que levaría por diante un colexio e a súa intención de abandonar ese colectivo".

A anpa pon de relevo que a asociación está presidida por Pablo Rábade Cacharrón, irmao de José Manuel Rábade Cacharrón, médico, concelleiro e membro do goberno local do Concello de Begonte.

"Rogamos a Deputación Provincial de Lugo e a Xunta de Galicia que revise os convenios abertos con esta asociación", conclúen.

0.19037389755249