A ANPA do colexio O Salvador da Pastoriza organiza un taller de Samaín

A ANPA do CEIP O Salvador organiza un ano máis un taller de Samaín este domingo 26 de outubro na nave do Concello do Polígono da Pastoriza, a partir das 16:00 h. Este obradoiro, dirixido a nenos e nenas, ten como obxectivo ensinar a decorar cabazas para esta tradicional festa galega de orixe celta.
Para participar, os asistentes deberán traer unha cabaza e unha prenda de vestir vella. Os materiais reciclables para a decoración estarán a cargo da ANPA. Ademais, ao finalizar o taller, ofrecerase unha merenda "monstruosa" para os participantes.
As inscricións están abertas, cun custo de 5 euros para socios e 8 euros para non socios. Pódese reservar praza contactando a través dos teléfonos 674 182 584 e 627 536 577, ou directamente na Librería Bazar Soños.
O evento conta coa colaboración do Concello da Pastoriza.