A ANPA do colexio O Salvador da Pastoriza organiza un taller de Samaín

TerraChaXa
Será o sábado 26 na Casa da Música
Imaxe de cabazas
24 Out 2024

A ANPA do CEIP O Salvador organiza un taller de Samaín este sábado 26 de outubro na Casa da Música da Pastoriza, a partir das 16:30 h. Este obradoiro, dirixido a nenos e nenas, ten como obxectivo ensinar a decorar cabazas para esta tradicional festa galega de orixe celta.

Para participar, os asistentes deberán traer unha cabaza e materiais reciclables para a decoración. Ademais, ao finalizar o taller, ofrecerase unha merenda "monstruosa" para os participantes.

As inscricións están abertas, cun custo de 3 euros para socios e 5 euros para non socios. Pódese reservar praza contactando a través dos teléfonos 674 182 584 e 627 536 577, ou directamente na Librería Bazar Soños.

O evento conta coa colaboración do Concello da Pastoriza.

0.064702987670898