A ANPA do CPI Doutor López Suárez organiza unha festa de Entroido

LugoXa | TerraChaXa
Haberá desfile, concurso de disfraces, globoflexia, pintacaras, merenda e algunha sorpresa máis
festa-entroido-colexio-friol
2 Feb 2026

A ANPA do CPI Doutor López Suárez de Friol organiza o día 15 de febreiro unha festa de Entroido entre as 17.00 e as 20.00 horas no pavillón.

Haberá desfile, concurso de disfraces, globoflexia, pintacaras, merenda e algunha sorpresa máis. Para participar será necesario anotarse antes do 6 de febreiro.

Tamén haberá desfile desde a praza Andón Cebreiro, a partir das 16.30 horas se non chove.

Os socios non terán que pagar pola asistencia pero os non socios teñen unha cota de 3 euros por persoa.

⚙ Configurar cookies
0.076283931732178