A Apalpadora realizará 40 espectáculos por toda a provincia este Nadal
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo promove un ano máis a presenza de tradición propias nas datas de Nadal co espectáculo A Apalpadora, que se representará en 40 localidades ao longo deste mes de decembro.
O alumnado dos colexios de Cervo e Rábade acolleron hoxe as primeiras representacións deste espectáculo de narración oral e música en directo no que Antía Vázquez – a filla do Apalpador – e o musico André Espiñeira contan ás crianzas a historia deste personaxe do Nadal, transmitida a través da tradición oral, especialmente na zona do Courel e do oriente ourensán, e revitalizada na última década grazas ao impulso de asociacións e colectivos culturais de todo o país.
A deputada Iria Castro explicou que “se trata dunha programación que poñemos en marcha por quinto edición consecutivo desde a Vicepresidencia da Deputación e que reforzamos este ano, tratando de dar resposta ao interese cada vez maior das asociacións de nais e pais e das asociacións culturais, especialmente de concellos e parroquias rurais que buscan ofrecer propostas de ocio para estas datas. O espectáculo representarase en 40 centros educativos e espazos culturais de todas as comarcas durante este mes, achegando a nenos e nenas esta figura do Nadal galego e a súa historia”
O espectáculo
A filla do coñecido Apalpador toma o relevo do seu pai e baixa das montañas para encontrarse coas crianzas da provincia nun formato de contacontos musicado e interactivo onde se mesturan cantigas, lendas e dinámicas.
Estará acompañada polo seu irmán músico André, para mergullarse con cancións da súa misteriosa historia. Ademais, levará froitos que recolle durante todo o ano e agasallos fabricados por ela mesma para entregar aos nenos e nenas neste Nadal.
Calendario
- Luns 9 de decembro
Salón de Actos do Concello de Cervo. 10.30 horas.
CEIP Otero Pedrayo. Rábade. 12.45 horas - Martes 10 decembro
Salón de Actos de Ribas de Sil. 10.00 horas
CEIP As Nogais. 12.30 horas - Mércores 11 decembro
Auditorio Municipal de Chantada. 10:30 horas. - Xoves 12 decembro
CPI Plurilingue de Castroverde. 9:30 horas
CEE Santa María. Lugo. 12.10 horas. - Venres 13 decembro
Escola Infantil Xela Arias. Sarria. 10:00 horas - Luns 16 decembro
CEIP Menéndez Pelayo. Lugo. 9:30 horas
CEIP Casás. Lugo. 11.00 horas.
Espazo Semente. Lugo. 12.30 horas. - Martes 17 decembro
Centro Ocupacional Aspanane. Viveiro. 10:15 horas.
CEIP San Cosme de Barreiros. 12.00 horas.
CEIP Gregorio Sanz.Ribadeo. 13:30 horas. - Mércores 18 decembro
Escola Infantil Galiña Azul. Chantada. 10:00 horas. - Xoves 19 decembro
CEIP Rosalía de Castro. Bóveda. 10.00 horas.
CEIP Lagostelle. Guitiriz. 12:30 horas. - Venres, 20 de decembro
CEIP As Gándaras. Lugo. 10.00 horas.
CEIP Plurilingüe O Páramo. 12.00 horas. - Sábado, 21 de decembro
Casa Cultura. Guntín. 11:30 horas.
Local Veciñal Tuiriz. Pantón. 16:00 horas
Club Fluvial de Monforte. 18:00 horas - Domingo, 22 de decembro
Local Veciñal Amuraxe. Xermade.11.30 horas.
Colexio de Moncelos. Abadín. 13:00 horas - Luns, 23 de decembro
Pazo Xeral Paredes. Portomarín. 12.00 horas.
Casa da Cultura. Burela. 16:30 horas.
Local Social de Castro de Vilaronte. Foz. 18:00 horas. - Venres, 27 de decembro
Multiusos Ponte de Cuñas. Lourenzá. 12:00 horas
Casa da Cultura. Vilalba. 17:00 horas
Salón de Actos Municipal. A Fonsagrada. 20:00 horas - Sábado, 28 de decembro
Centro Sociocultural Friol. 12:00 horas
Colexio de Pías. Lugo. 17:00 horas
Casa da Cultura de Becerreá. 19:30 horas. - Domingo, 29 de decembro
Local Veciñal de Gaioso. Outeiro de Rei. 12.30 horas
Oficina de Turismo de Carballedo. 18:00 horas
Colexio de Louseiro. Sarria. 20.15 horas. - Luns, 30 de decembro
Salón de Actos Cuartel Vello. Taboada. 13:00 horas.
Círculo O Saviñao. 17:30 horas. - Martes, 31 de decembro
Local Veciñal de Carballido. Alfoz. 16:30 horas.