“A aposta pola mellora dos servizos e infraestruturas foi importante”
José Ulla Rocha é o alcalde de Begonte dende 2011, cando gañou as eleccións polo Partido Popular.
Pode facernos un balance do ano que rematou?
Seguimos na liña destes últimos anos de mellorar as infraestruturas, tanto da rede viaria como o acondicionamento dos inmobles. En canto á mellora da rede viaria, levamos apostando nos últimos anos pola transformación do asfalto por aglomerado en quente. De feito, levamos máis de 50 quilómetros de aglomerado en quente, que mellora moito a calidade da capa de rodaxe e, polo tanto, o tránsito dos vehículos. Practicamente todas as vías principais que vertebran o concello e comunican as parroquias están xa en aglomerado en quente. En canto ao acondicionamento e á mellora de inmobles rehabilitamos a antiga escola de Saavedra e a de Donalbai, que van ser destinados a alugueiro social. Tamén se rematou a rehabilitación da antiga Cámara Agraria, un edificio de tres plantas que o Concello adquiriu á Xunta e procedeu á súa rehabilitación, a través de distintas axudas, programas e obradoiros de emprego. Un edificio que tiña un orzamento de rehabilitación de preto de 600.000 euros e conseguimos facela por 150.000 euros de fondos municipais xa que o resto foron achegas das distintas adminsitracións. No último ano tamén fixemos unha infraestrutura deportiva moi demandada e que está a ter moita demanda, a pista de pádel e a cuberta desa pista.
Tamén se fixeron melloras no club fluvial de Begonte e no Camiño de Santiago coa colocación dunha fonte e uns bancos na parroquia de Carballido.
Melloramos tamén o abastecemento de auga, un servizo que temos extendido en todas e cada unha das parroquias e todas as que o solicitan teñen esa auga. A última mellora foi levar o subministro eléctrico ao depósito de Gaibor tamén se fixo unha mellora no sistema de cloración e telexestión dese depósito e outro abastecemento en Santalla de Pena. Agora temos un clorímetro en mellores condicións e máis automatizado. Ademais, a telexesión permítenos contralar desde o teléfono ou o ordenador en todo momento a situación e o nivel da auga.
E de cara xa ao futuro?
Este ano estamos facendo unha renovación de todo o alumaedo público á tecnoloxía LED, que supón un aforro importante e aquelas parroquias e barrios que non dispoñían de alumeado público estanse dotando del polo que esperamos rematar este ano. As últimas actuacións foron nas parroquias de Damil, Saavedra, Bóveda, Narvaez e a final deste ano estará renovado e en todas aquelas que aínda non tiñan.
En canto á rede viaria, este ano imos destinar máis de 300.000 euros para seguir a dotar de aglomerado en quente no que falta. Hai outros proxectos para este ano. Augas de Galicia redactou un proxecto para a mellora do sanemanto na parroquia de Carral, cun investimento de preto de 200.000 euros e que esperemos que este ano se adxudique esta obra na que augas financiará un 80%. Estamos en proceso de licitación do antigo colexio de Baamonde para ser escola de música e a construción dun auditorio vencellado a esa instalación. Tamén estamos traballando nos vestiarios da pista de padel e para o futuro ximnasio, o acondicionamento dunha aula de pintura, ao carón do centro de saúde. Tamén estamos traballando en proxectos para mellorar a eficiencia enerxética, que daremos a coñecer pronto.
Tiñamos dous colexios cun rendemento inferior ao 50% cada un e iso contando alumnos que eran de Guitiriz e agora temos un de máis de 80 alumnos, unificado, cun investimento importante de preto de 600.000 euros.
Pode explicarnos este proxecto de peche do colexio de Baamonde que suscitou tanta polémica?
Para nós non era un peche, era unha unificación. Tiñamos dous colexios cun rendemento inferior ao 50% cada un e iso contando alumnos que eran de Guitiriz e agora temos un de máis de 80 alumnos, unificado, cun investimento importante de preto de 600.000 euros. Para completar esas obras o Concello vén de facer un investimento de 15.000 euros para cambiar todo o mobiliario das aulas e dotar de pizarras electrónicas aquelas aulas que non as tiñan, o que mellorou as condicións de habitabilidade dos nenos do colexio.
E cando estará o proxecto?
Vai ir en dúas fases. Agora está en marcha a primeira, unha obra de 400.000 euros que executará a reforma do edificio para acoller a escola de música e futuro conservatorio e acometarase máis tarde o auditorio. Para elo demolerase o edificio de infantil e aí farase o auditorio, que terá un investimento de arrredor dos 700.000 euros. Desta maneira, a parroquia de Baamonde e o Concello de Begonte contará cunha infraestrutura moi necesaria, un local cunha capaccidade de entre 300-400 persoas para facer actividades que ata o de agora non se podían desenvolver porque non tiñamos instalación con esa capacidade o que dificultaba traer algunha actividade ou actuación a Begonte. Ademais, en ningún dos concellos que temos compartida a escola de música temos unha infraestrutura que poida acoller un lugar de ensaio e de actuación.
En que consiste o proxecto que se está a desenvolver na contorna do centro de saúde?
Pretendemos nesa zona crear un espazo deportivo e cultural. Unha vez a escola de música se traslade ás futuras instalacións de Baamonde quedará un edificio libre neste complexo. Unha das plantas será ximnasio e a outra a activiades deportivas e culturais. A contorna ten a día de hoxe a pista de padel, que nun futuro pretendemos duplicala e crear outro tipo de instalacións deportivas, como por exemplo, volei praia, ou outro tipo de actividades como tiro con arco, petanca, etc. As edificacións máis pequenas serán unha aula de pintura e outra de interpetación da natureza e outra non sabemos aínda. Temos tamén alí un antigo edificio de inseminación que tamén se acondicionará e terá un uso cultural e deportivo.
O deporte para Begonte sempre foi unha prioridade?
Para nós o deporte sempre tivo unha importancia elevada. Fixemos unha aposta e vemos o resultado. Temos moitos nenos participando nas escolas deportivas pero en todas as actividades deportivas que temos sempre hai unha participación moi alta. Este ano imos recuperar estas actividades e seguir ofertando máis e mellores. Temos moita participación en fútbol sala e atletismo pero tamén en tenis, patinaxe, pádel, sen esquecer á ximnasica rítima, o Club Violeta ten unha gran representación de veciños que acada éxitos ano tras ano. De feito, temos unhas axudas para impulsar o deporte e polo momento todos os que as solicitaron as recibiron.
Tamén se presta moita atención aos clubs fluviais.
Sabemos da importancia que teñen a nivel turístico e de lecer para uso e desfrute da veciñanza. Levamos asinando co club fluvial de Begonte varios convenios, que é o que conta coa praia fluvial autorizada, no que a poboación pode gozar das instalacións de balde, e aproveitamos as axudas da Xunta para acometer melloras en ambos os dous clubs, tanto nos accesos, creando beirarrúas para mellorar a seguridade, en Baamonde tamén dotamos de aglomerado en quente a estrada que pasa diante, mellorouse a sinalización, e o ano pasado o peche perimentral e tamén toda a zona de aparcamento do club de Begonte.
A máis urxente é a mellora da estrada que comunica con Friol. Sería importante que a Deputación mellore tamén as estradas provinciais que están nun estado lamentable, levamos moitos anos nos que o único que se fai é un parcheado pero non de forma eficiente.
Como se definiría o Concello de Begonte?
O Concello de Begonte pasou de ser un concello eminentemente agrogandeiro a manter as gandeirías tamén pero sufrir unha transformación a un concello industrial e de servizos grazas a súa situación xeográfica e comunicacións. Agardamos que agora coa nova estrada entre Friol e Palas e se a Deputación acepta a petición que se está facendo e acondiciona a 1611 que comunica Begonte con Friol mellorará a saída natural a Santiago. A aposta pola mellora dos servizos foi importante, e fixo que aínda que sexamos un concello do rural, con todas as ventaxas que ten, podemos dicir que temos os mesmos servizos que se poden ter nunha capital coas actuacións que fixemos ata o de agora e as que temos proxectadas este ano. Tanto é así que vemos que moita xente está voltando a vivir en Begonte pola proximidade que ten aos postos de traballo e a oferta de servizos.
Como está a situación industrial en Begonte?
O polígono industrial de Begonte está completo. Están instaladas empresas en todas as naves. A maiores contamos co polígono da Deputación de Carral no cal habería unha necesidade de instalar máis empresas e vender as parcelas libres. Pedimos por iso que igual que a Xunta fixo unha rebaixa do solo, a Deputación faga o mesmo para incentivar a venda tal e como fixo nas Gándaras. Se a Deputación non é capaz de facelo, o Concello vai socilitar as parcelas para que o Concello poda bonificalas para vendelas a un prezo máis intersante.
Cales serían as necesidades máis urxentes?
A máis urxente é a mellora da estrada que comunica con Friol. Sería importante que a Deputación mellore tamén as estradas provinciais que están nun estado lamentable, levamos moitos anos nos que o único que se fai é un parcheado pero non de forma eficiente. Hai unha actuación importante que levamos demandando que é que a Deputación acondicione as naves de Manuel Mallo, no polígono de Carral, onde había unha aposta por crear unha escola de pedra, hai tradición de canteiros e temos unhas instalacións dotadas de maquinaria que se están estragando por falta de uso. A Deputación leva rexeitando ese proxeco moitos anos, nós seguimos insistindo e solicitaremos a cesión desas instalacións para acometer un obradoiro ou unha escola taller para poder formar a xente nun edifico tan demandado como a cantería. A día de hoxe falta moito profesional deste tipo de trallo polo que sería moi interesante.
De que se sinte máis orgulloso?
Basicamente da mellora das insfraesturutras coas que conta o Concello, tanto a rede viaria como as rehablitacións que fixemos, como a da Cámara Agraria, as prazas de Begonte e a de Baamonde, con grandes investimentos eu creo que a mellora da contorna foi moi importante e moi ben valorada pola veciñanza.
E un desexo para este ano?
Superar esta pandemia que nos tocou vivir e volver á normalidade para seguir facendo actividades que tivemos que paralizar porque as circunstancias imposilitaban o contacto humano, que poidamos retomalas e volver á normalidade.
O Belén de Begonte retomouse este ano. Que proxecto hai para el?
O Belén eléctrico de Begonte é o noso maior atractivo turístico. De cara a este ano, que é o 50 aniversario, nas vindeiras datas anunciaremos algún proxecto que faga que este ano sexa distinto. Algo que veña a poner en valor esta tradición. Este ano superamos os 20.000 visitantes malia a situación de pandemia que non é un mal número.