A ARMH colocará pedras da memoria en concellos de Lugo para lembras as vítimas do franquismo

TerraChaXa
Dúas das homenaxes serán para Aurelio e Vitorino Díaz Huertas, veciños de Outeiro de Rei
Stolpersteine-pedras-memoria
29 Jan 2025

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) colocará pedras da memoria en concellos de Lugo para recordar os deportados lugueses vítimas do nazismo e do franquismo.

Segundo a ARMH, en total foron deportadas 200 persoas desde Galicia, das cales 39 eran de Lugo. Por iso, colocará unhas pequenas placas de bronce incrustadas no chan, Stolpersteine, en homenaxe a 21 destes deportados, unha selección baseada nos avances da investigación recente, que permitiron reconstruír parte das súas historias.

Os Stolpersteine colocaranse en honra de Rafael Pardo Valles (O Corgo); Aurelio e Vitorino Díaz Huertas (Outeiro de Rei); Liberio Valí García, Balbino Santín Era e Octavio López Reymóndez (As Nogais); Manuel Domínguez Núñez, Ramón Gómez López e Agustín Souto Vilares (Becerreá); Casto Martínez Parada (O Incio); Jesús López Digón, Octavio Arias González, Manuel Fernández Fernández, José Fernández Santín e José Fernández Pérez (Cervantes); e Benigno Castro Gandoy, Enrique Doval Reija e Francisco Otero Saavedra (Lugo).

O traballo de reconstrución biográfica destes veciños está sendo levado a cabo por un equipo da ARMH en Lugo, coordinado por Miguel Freire. Con esta iniciativa, búscase manter viva a memoria de quen sufriu a represión e o horror dos campos de concentración nazis.

0.16351294517517