A Asapa celebrará unha festa de Pre-Fin de ano o 27 de decembro

TerraChaXa
Xa á medianoite, celebrarase a peculiar tradición das badaladas, marcando simbolicamente a chegada do novo ano
prefinde-pastoriza
26 Dec 2025

Pastoriza celebrará o Pre-Finde o 27 de decembro no local veciñal, situado na antiga ladrilleira, cunha programación que combina gastronomía, actividade física e música. O evento, organizado pola asociación Asapa en colaboración co Concello de Pastoriza, comezará ás 21:00 horas coa apertura de portas. As 50 primeiras persoas en chegar recibirán un boleto para participar nun sorteo que terá lugar despois das tradicionais uvas.

Ás 21:45 horas ofreceranse pinchos gratuítos para os asistentes, aínda que a bebida non estará incluída. A continuación, ás 22:30 horas, terá lugar unha exhibición de zumba a cargo do grupo As Resilientes, que animará a velada con movemento e enerxía.

Xa á medianoite, celebrarase a peculiar tradición das badaladas pre-finde, marcando simbolicamente a chegada do novo ano. O evento concluirá coa actuación musical do dúo Estrellas, que poñerá o broche final á noite.

Esta celebración busca promover a participación veciñal e ofrecer unha alternativa lúdica e festiva nas datas previas ao fin de ano.

⚙ Configurar cookies
0.078754901885986