A Asapa quere organizar unha andaina nocturna entre Bretoña e A Pastoriza

TerraChaXa
É unha das propostas da nova dirección da Asapa, que preside José Manuel, de Gasoleos O Acebreiro
participantes-torneo-padel-asapa-pastoriza
17 Feb 2025

A Asociación de Comerciantes e Empresarios da Pastoriza, Asapa, cambiou a directiva unha vez que María López tivera que deixar a dirección por estudios e traballo, e Marcos García, anterior presidente, se incorporou ao equipo de Goberno polo Partido Popular como tenente de alcalde no Concello da Pastoriza.

Na reunión da asociación, foi elixido por aclamación José Manuel, do establecemento Gasoleos O Acebreiro. Ademais, acompañan a José Manuel na directiva, Mónica da Farmacia; Alonso, responsable do bar Esquina, e Belén, doutra das farmacias de Pastoriza.

Segundo explicou José Manuel, a directiva foi elixida por un ano coa intención de renovar as actividades organizadas polo colectivo "para impulsar o comercio da zona e atraer público á Pastoriza".

A primeira das actividades que realizará a asociación é a realización duns cantos de taberna no mes de abril ou maio, a posterior toca organizar o terceiro torneo de pádel que se leva a cabo no termo municipal.

Ademais, colaborarán co Concello para a II edición da carreira popular e andaina deste concello.

"Imos ter unha reunión en breve cos locais da hostalaría e con alguén do Concello, para poñer data fixa da ruta de tapas e seguir facéndoa, xa que é algo que dá movemento, e tamén, queremos propoñerlle a colaboración do Concello para facer a I andaina nocturna entre Bretoña e A Pastoriza", di José Manuel".

A Asociación de Comerciantes e Empresarios da A Pastoriza, Asapa, foi creada no ano 2017 pero a súa actividade intensificouse a partir de 2020. Conta actualmente con algo máis de 50 membros.

0.17436003684998