A Asapa renova a directiva, que anuncia varias actividades

TerraChaXa
A Asociación de Comerciantes e Empresarios da Pastoriza, Asapa, cambiou a directiva unha vez que Marcos García Lombardero, anterior presidente, se incorporou ao equipo de Goberno polo Partido Popular como tenente de alcalde.
logo asapa pastoriza
23 sep 2023

A Asociación de Comerciantes e Empresarios da Pastoriza, Asapa, cambiou a directiva unha vez que Marcos García Lombardero, anterior presidente, se incorporou ao equipo de Goberno polo Partido Popular como tenente de alcalde.

Na reunión da asociación foi elixida por aclamación María López Prado, do establecemento Muselina. Ademais, acompañan a María na directiva, Nacho da casa da cultura; José Manuel, traballador da gasolinera, e Alonso, do bar Eskina.

Segundo explicou María López, a directiva foi elixida por un ano coa intención de renovar as actividades organizadas polo colectivo "para impulsar o comercio da zona e atraer público á Pastoriza".

A primeira das actividades que realizará a asociación é a realización do primeiro torneo de pádel que se leva a cabo no termo municipal. Este terá lugar a fin de semana do 27 ao 29 de outubro e a inscrición abrirá estes días, cando se fagan públicas as bases de competición.

Ademais, a asociación ten previsto realizar a tradicional ruta de tapas en novembro e máis ao longo prazo recuperar as carreiras de cabalos, que se fixeron hai dous anos.

A Asapa non descarta seguir buscando ideas para novas accións de cara aos próximos meses, entre as que barallan unha carreira popular.

A Asociación de Comerciantes e Empresarios da Pastoriza, Asapa, foi creada no ano 2017 pero a súa actividade intensificouse a partir de 2020. Conta actualmente con algo máis de 50 membros.

0.1952850818634