A Asociación A Concordia de Ribade acolle unha exposición de Amando Suárez Couto

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Asociación A Concordia de Ribadeo organiza unha exposición antolóxica dos debuxos e gravados de Amando Suárez Couto (1894-1981), que foi destacado art¡sta e animador cultural ribadense do século XX.
60337686_2233330076927381_1146188774003179520_n
11 sep 2020

A Asociación A Concordia de Ribadeo organiza unha exposición antolóxica dos debuxos e gravados de Amando Suárez Couto (1894-1981), que foi destacado art¡sta e animador cultural ribadense do século XX.

A Asociación A Concordia puido acadar, procedente de familiares, amigos, publicacións periódicas da época e ilustracións de libros, medio cento de debuxos e gravados que por primeira vez se expoñen en conxunto, salientando unha faceta da obra deste artista menos coñecida que a súa produción pictórica, mais non por isto de menor calidade.

As copias poden verse na Oficina de Turismo do Concello da rúa Dionisio Gamallo do 14 de setembro ao fin do mes.

Amando Suárez Couto, entre outras activ¡dades nas que colaborou sempre desinteresadamente, foi fundador do fútbol ribadense en L9l-3, e da Biblioteca Popular Circulante en 1927. Nos anos vinte colaborou no movemento galeguista con debuxos en La Comarca, Ronsel e Céltiga. En 1933 en Madrid fai os gravados para o Ribadeo Antiguo de Francisco Lanza, dos que unha parte se amosan na exposición. De volta a Ribadeo exerce como profesor no Colexio Santo Tomás de Aquino. Co seu irmán fundan Carlos nos o anos grupo corenta de gaiteiras impulsan Soudade. a Xira de Colabora Santa Cruz con e nos Carlos anos sesenta Álvarez Fernández Cíd na fundación da Coral Polifónica da vila. Forma parte en 1957 da comis¡ón que refunda a Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, para a cal deseña o mobiliario e pinta in situ o retrato ecuestre do poeta ribadense.

0.097985029220581