A Asociación A Estruga promove en Vilalba o seu programa de outono con actividades de agroecoloxía e micoloxía

TerraChaXa
O ciclo inclúe un taller de cultivo de cogomelos comestibles e un roteiro micolóxico pola contorna vilalbesa
setas-fungos-lepiotas
7 Nov 2025

A Asociación A Estruga Espazo Agroecolóxico pon en marcha en Vilalba o seu programa de actividades de outono 2025, baixo o lema Agroecoloxía para todas as persoas. A iniciativa conta co apoio da Área de Rural da Deputación de Lugo e céntrase en promover o coñecemento e respecto polo medio natural a través da práctica e a observación.

As dúas actividades principais desenvolveranse o 10 de novembro no IES Basanta Silva, dentro do Club de Ciencias do centro educativo. A primeira delas será un taller de cultivo de cogomelos comestibles, no que o alumnado aprenderá as técnicas básicas para producir fungos de forma sostible e respectuosa co medio. Pola tarde, está previsto un roteiro micolóxico pola contorna de Vilalba, que permitirá identificar especies autóctonas e comprender o seu papel ecolóxico nos bosques chairegos.

Estas propostas buscan combinar divulgación científica, sustentabilidade e educación ambiental, achegando a agroecoloxía ao ámbito escolar e á cidadanía. Desde a Asociación A Estruga destacan que este ciclo outonal é unha oportunidade para reforzar o vínculo coa natureza e fomentar a autonomía alimentaria a pequena escala.

actividades outono vilalba
⚙ Configurar cookies
0.067995071411133