A asociación A Lagoa de Cospeito convoca a segunda edición da Ruta Cabalar
O sábado 14 de setembro, en Cospeito, terá lugar a II Ruta Cabalar organizada pola Asociación Equina A Lagoa.
Esta proba, que non ten carácter competitivo, consiste nun paseo a cabalo no que poden participar todos os que queiran sempre que se fagan responsables do seu propio animal. A data límite de inscrición é o 11 de setembro. Esta pode facerse nos teléfonos 697 697 395 (Richard), 605 419 787 (Brais) e 607 512 097 (Natalia).
A programación da xornada dará comezo ás 10.00 horas coa recepción dos participantes no campo da Feira do Monte de Cospeito para desfrutar dun almorzo gratis.
Ás 10.30 dará comezo a ruta, que se prolongará ata as 14.30 horas e na que se fará unha parada a media mañá para beber.
Finalizarán esta concentración ecuestre cunha comida dos participantes no propio campo da festa, xantar que estará amenizado por Adolfo Valiño e haberá colchonetas gratis para os pequenos.
Neste xantar poden participar todas as persoas que o desexen, vaian a cabalo ou non.