A Asociación Afouteza organiza un novo obradoiro de cociña en Abadín con Alberto Saavedra

A Asociación de Mulleres Rurais Afouteza de Abadín organiza o seu II Obradoiro de Cociña, que nesta ocasión contará coa presenza do recoñecido chef Alberto Saavedra como encargado de impartilo.
O taller celebrarase o mércores 30 de abril, en horario de 20:30 a 22:30 horas, na Nave de Cristal de Gontán, e consistirá na elaboración dun menú completo: un primeiro prato, un segundo e unha sobremesa.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o luns 28 de abril, chamando aos teléfonos 630 528 742 ou 619 331 655. O prezo de inscrición é de 7 euros para membros da asociación e 12 euros para o público xeral.
Esta iniciativa pretende fomentar a aprendizaxe gastronómica e crear un espazo de encontro arredor da cociña, nun ambiente distendido e participativo.