A asociación Amigus organiza nas Pontes un campamento tecnolóxico
A Asociación Informática Amigus organiza en colaboración con CIENCIA KIDS®. Un campamento de ciencia e tecnoloxía, con obradoiros de robótica, impresión 3D, enxeñaría, experimentos de química, física, botánica, bioloxía e ciencia na cociña.
Este campamento terá lugar do 27 ao 31 de xullo, de 9.00 a 14.00 horas no Lar de Endesa.
Talleres participativos, divertidos e innovadores adaptados para nenos de 6-16 anos. Coa realización destes talleres de ciencia búscase proporcionarlles aos mozos a unha base dun pensamento lóxico deductivo. Desenvolvendo iniciativas que espertan o interese pola ciencia e a investigación, favorecendo así o desenvolvemento da nosa sociedade.
Actividades interactivas onde se farán experimentos científicos axustados en contidos que todos os participantes poden levar a cabo. Coa realización destes experimentos foméntase o traballo en equipo, a elaboración de hipótese e a experimentación con materiais, para despois desenvolver pensamentos que boten á luz o que sucede e así reflexionar sobre os resultados.