A asociación Aquilino Iglesias Alvariño fará o domingo unha asemblea

TerraChaXa
O obxectivo da mesma é presentación de contas e a entrega de carnés para este ano
asemblea-de-socios-aquilino-iglesia
28 Mar 2026

A asociación cultural Aquilino Iglesias Alvariño de Muimenta celebra este domingo, 29 de marzo, ás 20.00 horas unha asemblea extraordinaria de socios e socias.

O obxectivo da mesma é a presentación de contas e a entrega de carnés para este ano.

Ao finalizar, abrirase a habitual quenda de rogos e preguntas ou suxestións.

A reunión terá lugar no centro médico de Muimenta.

0.12700510025024