A asociación As Campeiras presenta o seu programa de obradoiros para o outono

A Asociación Veciñal As Campeiras vén de anunciar a súa programación de obradoiros para o curso 2025-2026, cunha ampla oferta de actividades pensadas para todas as idades. Entre as propostas atópanse cursos de bordado os luns de 16:00 a 19:30 horas e restauración de mobles, tamén os luns, en horario de 17:00 a 20:00. Para os máis pequenos e pequenas haberá obradoiros de folclore que inclúen pandeireta, canto e baile, igualmente os luns de 18:00 a 19:00.
A programación complétase cos talleres de cestería os mércores de 19:00 a 21:00, encaixe de bolillos en sesións quincenais os xoves e venres de 16:00 a 20:00 e talla de madeira os xoves de 17:00 a 19:30. Ademais, está prevista a organización de clases de pilates, cuxo día e hora están aínda por determinar.
No apartado de formacións especiais destaca o monográfico de cerámica Crea o teu set de almorzo, impartido por Martina Becerio, que terá lugar o 11 de outubro de 17:00 a 20:00 horas.
As inscricións poderán realizarse na Tenda de Elicio entre o 10 e o 26 de setembro. Para obter máis información, as persoas interesadas poden chamar ao número 636 131 917.