A Asociación Atila celebrará o seu XXV aniversario o sábado 13 en Muras

TerraChaXa
A organización lembra que para anotarse tanto á ruta como á comida é preciso reservar previamente por teléfono
aniversario-atila-mura
9 Dec 2025

A Asociación de Cabaleiros Atila de Muras conmemorará o seu vixésimo quinto aniversario o 13 de decembro cun amplo programa de actividades na área recreativa da Veiga. A xornada festiva comezará ás 11:00 horas coa saída da tradicional Ruta do Xistral, un dos eventos máis emblemáticos do colectivo.

A partir das 14:00 horas terá lugar unha sesión vermú que dará paso, ás 15:00 horas, á comida de confraternidade, un encontro pensado para socios, participantes e amantes do mundo ecuestre. Durante a tarde, o público poderá gozar dunha exposición de vídeo conmemorativo que repasará a historia da entidade, así como dunha entrega de agasallos e recoñecementos. Haberá tamén xogos para os nenos e música para amenizar o encontro.

A celebración pecharase cun espectáculo de fogos artificiais, co que a asociación poñerá o broche de ouro a un aniversario especial. A organización lembra que para anotarse tanto á ruta como á comida é preciso reservar previamente por teléfono (667 609 990), tendo prioridade os socios e asociacións participantes ata completar aforo.

⚙ Configurar cookies
0.075974941253662