A asociación Atila organiza unha excursión á feira de gando de Corao o 25 de maio

A Asociación Atila Amigos dos Cabalos de Muras organiza unha excursión en autobús á tradicional Feira de Gando de Corao, en Asturias, o vindeiro domingo 25 de maio. A saída está prevista ás 8:30 da mañá desde o Centro Médico de Muras, cunha viaxe estimada de aproximadamente tres horas e media.
Unha vez en Corao, as persoas participantes poderán visitar a feira de forma libre. A comida poderá organizarse de xeito individual ou en grupo. Para quen o desexe, a organización ofrece a posibilidade de reservar comida conxunta na Pulpería Mario, establecendo unha hora determinada para xantar todos xuntos.
O regreso está pendente de confirmación, pero estímase que será sobre as 18:00 horas, podendo atrasarse dependendo do número de asistentes e da dispoñibilidade da empresa de transporte.
Os custos do autobús repartiranse entre as persoas asistentes, e cada quen terá que facerse cargo da súa comida.
A asociación lembra que o prazo máximo para anotarse é o día 20 de maio, e para facelo cómpre chamar ao número de teléfono 667 60 99 90.