A Asociación Avelino Díaz celebra unha nova xornada polos 127 aniversario do poeta
O vindeiro sábado, 14 de decembro, Meira será o escenario dun acto conmemorativo polo 127 aniversario de Avelino Díaz, figura destacada na cultura e na oratoria da comarca. A cita terá lugar no local Centro de Meira a partir das 18:00 horas.
A programación inclúe, ás 18:00 horas, unha charla a cargo do investigador César Camoira Vega, titulada Avelino Díaz, o sabio silandeiro da Órrea e de Meira, onde se abordará a relevancia da súa oratoria e legado.
Ás 19:00 horas, proxectarase o documental A voz do pobo, realizado pola Asociación de Veciños e Veciñas de Fonmiñá, seguido dun debate arredor do contido do filme.
O acto será presentado por Ana Jartín Abreira e Nieves Pérez Andión, nun evento organizado pola Asociación Cultural Avelino Díaz e co apoio do Concello de Meira.
Este evento é unha oportunidade para redescubrir a figura de Avelino Díaz e recoñecer a súa contribución á cultura local e galega.