A asociación Axuda ó Enfermo Mental A Mariña crea a primeira Aula do Mar

TerraChaXa | LugoXa
A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña presentará a creación da Aula do Mar A Mariña, un proxecto que se concedeu ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobada pola Consellería do Mar ao Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) a Mariña- Ortegal no marco do FEMP.
Obradoiro Eume
4 Ago 2020

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña presentará a creación da Aula do Mar A Mariña, un proxecto que se concedeu ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobada pola Consellería do Mar ao Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) a Mariña- Ortegal no marco do FEMP. 

O obxectivo específico no que se enmarca o proxecto versa sobre o fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación de emprego e o apoio á empregabilidade e á mobilidade laboral nas comunidades costeiras e de interior dependentes da pesca e a acuicultura, incluíndo a diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima”.

A creación da Aula do Mar de A Mariña é un  proxecto medioambiental e de integración social para persoas con enfermidade mental crónica no cal se pon en valor o patrimonio costeiro, os recursos patrimoniais e ambientais da zona de A Mariña-Ortegal.

Unha característica importante deste proxecto é que se trata dunha aula aberta e inclusiva e a primeira de Galicia, sendo un espazo de comunicación transversal ante o sector pesqueiro e os demáis colectivos en risco de exclusión social, para que se favorezcan os medios, apoios e recursos que contribúan á igualdade real e efectiva no sector pesqueiro, para así avanzar na inclusión. 

A Aula do Mar contempla 5 actividades xerais denominadas do seguinte xeito: Terapia-mar, Crea-mar, Coida-mar, Explora-mar e a obra de teatro O Camiño e o mar. 

A localización física da Aula do Mar está en Cervo, na Unidade Residencial da entidade ainda que é preciso dicir que terá un carácter itinerante posto que se realizarán actividades ó redor de toda a contorna, coa realización de saídas e visitas culturais polos diferentes concellos da comarca para reforzar así a identidade local da zona costeira, así como nos Centros de Rehabilitaciòn Psicosocial e Laboral de Burela e Ribadeo para que se podan beneficiar deste proxecto a meirande parte dos noso colectivo .

 

0.17901420593262